(Fuente de la imagen:https://sinalefa2.wordpress.com/tag/pirata/)
A illa do tesouro
Érase unha vez un colexio chamado "O Colexio Novo", en Monforte de Lemos. Nel estudan seres de todas as clases: vampiros ata homes lobo.
Un día, a vampira Pepiña baixou á biblioteca do colexio a ler un libro " O pequeno Nicolás". Pero a mestra, a Señorita Formiga, díxolle que o libro estaba en préstamo ó Señor Polbo Octavice.
Así que foi á zona de novidades e colleu libro titulado "A illa do tesouro", escrito por Antía.
O libro trataba dunha nena de 10 anos que vai co seu mellor amigo a buscar un tesouro na Illa de Simba, en Roturón. Pero finalmente sen encontralo.
De súpeto, sona o timbre e Pepiña ten que marchar para a clase de Matemáticas. Dende aquel día, a "Illa do tesouro" foi o seu libro preferido.
Escrito pola corsaria Antía.
0 comentarios:
Publicar un comentario